Aínda que me vexades coa porta pechada, teño o corazón aberto e, con el, douvos a benvida. Son o muíño que durante este curso 2011-2012 acompañarei a todos os que queiran achegarse ó meu rodicio: alumnado, familias, mestres... Muiñando coas Matemáticas e a Lingua coñeceremos moitos aspectos do noso entorno: arquitectura popular, xogos, oficios tradicionais, ditos e refráns, costumes, festas... Ánimo! Entre todos podemos conseguir que o noso traballo sexa "fariña doutro costal".




miércoles, 28 de septiembre de 2011

RESOLVEMOS PROBLEMAS

Vexamos como os pais de Martín se desenvolven diante dunha situación problemática que xurde por causa dos seus traballos. Preme na fotografía e axúdaos a resolver un par de cuestións.

ESCRIBINDO NO CADERNO

Que escribirá Balbino no seu caderno para gardalo en segredo?

E ti, se foses el... que contarías nun caderno?

Imos ler outro par de parágrafos de "Memorias dun neno labrego" e tratar de comprender a Balbino porque... hai tan pouca xente que o entenda!

Preme na fotografía para facer o traballo de hoxe.

GRADOS DEL ADJETIVO

Los adjetivos pueden presentarse en tres grados diferentes. ¡Puff!

¿Qué quiere decir eso?

Fíjate en la fotografía: positivo, comparativo, superlativo. Observa las palabras que están subrayadas... ¿en qué se parecen y en qué se diferencian?

Clica en la imagen y aprenderás como distinguir los grados.

martes, 27 de septiembre de 2011

ADJETIVOS

El adjetivo es la palabra que acompaña al sustantivo y expresa sus características o cualidades, concordando con él en género y número.

¿Sabrías expresar tres cualidades de Martín tal y como lo ves en esta fotografía?

¿Con qué adjetivos podríamos calificar a su gato?

¿Y a la alfombra?

Clica en la fotografía y podrás contestar a estas y otras actividades.

lunes, 26 de septiembre de 2011

AS SÍLABAS



Nos pensamentos que nos conta Balbino no último parágrafo que limos, podemos atopar ata sete palabras agudas que levan til.

Pero... imos ó principio: que é unha sílaba? Que tipos de sílabas hai? Que tipos de palabras segundo estea colocada a sílaba tónica?

Preme na imaxe de arriba e tenta completar o esquema que che servirá de axuda.

COMUNICÁNDONOS

Es un hecho que los padres de Martín se van de viaje.

Cuando suban al avión encontrarán esta señal que transmite una información.

¿Quién será el emisor? ¿Y el receptor? ¿Cuál es el mensaje? ¿Y el código?

Estas y otras cuestiones similares las encontrarás clicando en la señal.

TENTEO E APROXIMACIÓN

Se lemos un parágrafo máis da novela "Los días de Castrosil", descubriremos cal é a profesión da nai de Martín.

Na tarefa de hoxe, saberemos os traballos que fixo nos tres últimos anos e aprenderemos a facer un tenteo, é decir, aproximaremos á centena máis cercana.

Preme na fotografía para aprender este concepto e practicalo.

domingo, 25 de septiembre de 2011

SUMAS, RESTAS E NUMERACIÓN

Agora que coñecemos o número de habitantes de algúns países que queren visitar os pais de Martín, imos traballar con eles.

Se premes na fotografía atoparás problemas. Para resolvelos terás que localizar os datos na táboa de países e habitantes.

jueves, 22 de septiembre de 2011

OS ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN

A comunicación é o proceso polo que se transmite e recibe a información.

Nesta fotografía hai un emisor que transmite a información e un receptor que é quen a recibe. A información que se transmite é a mensaxe.

Preme na fotografía para aprender algo máis sobre a comunicación.

A VIAXE DOS PAIS DE MARTÍN

Os pais de Martín non decidiron aínda a onde querían ir de viaxe para celebrar os quince anos de matrimonio. Fixeron un listado co nome de algúns paises europeos e anotaron ó lado o número de habitantes de cada país.

Saberías seleccionar a información que se pide para resolver cada apartado do exercicio que está oculto detrás do mapa? Preme nel e compróbao.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

A MIÑA PRESENTACIÓN

Tal e como se presentou Balbino, nós imos facer o mesmo: diremos quen somos, onde vivimos, que facemos no verán e no inverno... e outros detalliños que queiramos engadir. Remataremos a presentación colocando ó lado do texto un retrato noso.

Preme aquí e observa como debes distribuir o espazo para que a presentación quede curiosa.

LOS DÍAS DE CASTROSIL

Vamos a introducirnos en la lectura de la novela que nos acompañará durante el curso. Comenzaremos con un dictado para que vayas conociendo al protagonista y a su familia.

Despues de hacer varias reflexiones sobre el fragmento que leeremos hoy, localizaremos en él los artículos y posesivos.

Clica aquí después de haber hecho el dictado.

O PERÍMETRO

O curso pasado aprendimos o que era o perímetro e como se calculaba.

Imos repasar este concepto, pero... ollo! que vas atopar números naturais e decimais.

Preme aquí e... mans á obra!

martes, 20 de septiembre de 2011

SUSTANTIVOS Y ADJETIVOS

¿Te acuerdas de la clasificación de sustantivos? En la fotografía tienes una pista: común y... propio.

¿Recuerdas que también podíamos clasificarlos en individuales y colectivos?

Atendiendo al género podían ser... ¡efectivamente! masculinos o femeninos; y según el número... ¡bien!, singular o plural.

Clica en la fotografía y encontrarás unos ejercicios para practicar.

domingo, 18 de septiembre de 2011

OS TRABALLOS NA ALDEA



Balbino traballa verán e inverno. É un neno pobre e ten que axudar ós adultos nas súas tarefas. Imos ler uns parágrafos máis de "Memorias dun neno labrego" e poderás descubrir que labores fai, que sente, que come...

SÍLABAS TÓNICAS Y ACENTUACIÓN

Recuerdas cuál es la sílaba tónica de una palabra?

Te propongo un acertijo. Clica en la fotografía para localizar sílabas tónicas y luego... siguiendo las instrucciones averiguarás el nombre de un extraño animal.

E... QUE HAI DAS FRACCIÓNS?

Lembras o que é unha fracción e como se representa graficamente?

No debuxo tes uns exemplos. Para practicar máis, preme na fotografía.

jueves, 15 de septiembre de 2011

EU SON... BALBINO

Sabes quen é Balbino?


É o protagonista da novela que imos ler este curso: "Memorias dun neno labrego". Con este rapaz aprenderemos moitos aspectos relacionados coa vida rural: traballos, costumes, festas...


Asegúroche que será un bo compañeiro. Preme na fotografía e imos coñecer algo sobre el.

MULTIPLICAMOS E DIVIDIMOS

Xa que onte estivemos sumando e restando... que che parece se hoxe multiplicamos e dividimos?


Lembras como había que colocar os números nunha multiplicación por varias cifras?


Recordas como se facían as divisións con dúas cifras no divisor? E a proba?


Imos repasar un pouquiño. Preme na fotografía e atoparás tamén algúns problemas.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

FACENDO MEMORIA

Fíxate nestes personaxes. Poderíamos decir que son "antónimos"? Que é un antónimo?




Por certo, que clase de palabra é "antónimo" se atendemos á súa sílaba tónica? Que outras clases de palabras había segundo estivera a sílaba tónica?




Todo isto e máis se premes na fotografía.

RECORDANDO

¿Te acuerdas de los adjetivos? ¿Y como anda el orden alfabético? ¿Qué me dices de las definiciones...? ¿Recuerdas como debemos definir una palabra?


Y a la hora de redactar... ¿Sabrías describir a una persona?


Clica en la fotografía y... ¡a hacer memoria!

REPASAMOS MATEMÁTICAS

Como andamos de numeración? Lembras os números romanos, e a lectura e escritura de números do sistema decimal?


Acórdaste do que debes facer para entender o enunciado dun problema? Preme na fotografía e imos darlle un repasiño a estes conceptos.